Narrador protagonista

O narrador protagonista é unha técnica narrativa usada na narración, no proceso de conversión da historia en relato, e caracterizada por unha focalización interna e por un narrador intradiexético que é o actante principal dos sucesos acontecidos ou por acontecer.

Esta perspectiva reforza a verosimilitude do relato posto que se nos pon en contacto cuns feitos que o narrador afirma ter vivido.

Un tipo de narrador intradiexético é o autodiexético, aquel que, coma no caso das autobiografías, refire as experiencias da súa propia vida.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search